Contrata a Lia

Só pagas se consegue un emprego para ti:
o 20 % do teu primeiro salario mensual

1

Coñece a Lia

Cóntalle que buscas no seguinte paso da túa carreira

2

Recibe propostas

Enviarache oportunidades acordes co que lle pediches

3

Fai contactos

Presentarache directamente a quen toma as decisións nas mellores empresas tecnolóxicas

Escoita o noso CEO


Preguntas frecuentes

É para min?

É para ti se traballas no sector tecnolóxico dos EUA, independentemente dos teus anos de experiencia. Lia céntrase sobre todo en postos de empresa: enxeñaría, produto, vendas, márketing, finanzas, recursos humanos, deseño, asesoría xurídica etc.

Como funciona?

Cando te rexistres, Lia comezará a buscar postos acordes coas túas preferencias e a enviarllos por correo. No seu correo verás dous botóns: SI e NON. Preme SI para que Lia fale coa persoa que decide sobre o posto e intente concertar unha conversa entre vós. Ou preme NON e comparte a túa opinión: como calquera persoa, Lia aprende das túas opinións e usaraas para atopar unha proposta mellor a próxima vez.

Tamén podes usar o teu portal para ver todos os postos da rede de Lia e pedirlle que te recomende a quen decide. Lia comprobará ao momento se cumpres os requisitos do posto e dirache se vai recomendarte ou non: como calquera persoa, Lia non quere malgastar o seu capital social.

Canto custa?

Usar Lia é gratis e só che cobrará se comezas nun novo traballo grazas a unha presentación que fixo ela. Nese caso, a tarifa será o 20 % do teu salario base bruto do primeiro mes e pagarala cando recibas a primeira nómina. Se non te contratan, non pagas.

Presentará Lia candidaturas por min?

Non, en vez de presentar centos de candidaturas, Lia falará cunhas poucas persoas con poder de decisión. As candidaturas en liña non funcionan de todos os xeitos, así que ela evitará ese paso e falará directamente con quen pode facer realidade o teu traballo ideal.

Como adestrar a Lia?

Lia usará a información do teu rexistro e as túas opinións para buscar oportunidades por ti. No teu portal podes editar a información do rexistro e as túas opinións para que Lia empece a usar os datos actualizados nas súas propostas.

Como usa a IA Refer?

Lia é unha axente de IA. Usa a IA para procesar a maior parte dos datos, facer buscas e seleccionar propostas, co fin de gañar precisión e rapidez e reducir custos. Isto permítelle simplificar e democratizar o acceso ao seu traballo como axente de carreira persoal, algo que normalmente só está ao alcance de deportistas e famosos.

Hai persoas detrás?

Aínda que Refer usa IA nos seus procesos, o seu equipo humano traballa arreo para crear e manter relacións con quen toma as decisións nas mellores empresas tecnolóxicas, facendo contactos por ti.

Por que escoller Refer?

Por que non? Comezar é gratis e só pagas se te contratan a través de Refer, así que non perdes nada por incluíla na túa busca de emprego. Refer é un recurso máis ao teu lado: busca oportunidades de forma proactiva, filtra postos e fai contactos por ti. Refer cre que levarás unha grata sorpresa ;)

Os meus datos son confidenciais?

Si, os datos do teu rexistro son confidenciais. Lia só comparte o teu perfil de LinkedIn e o teu currículo con quen toma as decisións nas empresas colaboradoras para facilitar as presentacións.

Hai algún compromiso?

Non, Refer só che pide que premas Si ou Non nas oportunidades que Lia che envía por correo, e podes cancelar a subscrición cando queiras.

Queres saber máis?

Co apoio de
Logotipo de peterson
Logotipo de nfx